A NOSA PRODUTORA

Quen somos e que facemos

De quen vemos sendo?

Toxo Verde nace a partir de «Cinzas» (2017), un documental sobre a problemática dos incendios en Galiza. Neste proxecto, Clara (Saia Vermella) e Jose (Wild&Woods) descobren que teñen as mesmas inquedanzas. Dende o 2017 ata agora traballan en diversos proxectos xuntos ata que deciden crear unha Produtora Cultural a partir dos valores que comparten. Deste xeito, a Produtora Cultural Toxo Verde ofrece un servizo coidado, en galego, á medida do usuario e sempre tendo presente a natureza.

Os nosos clientes

01.

Natureza

Os montes, as árbores, o mar, a nosa paisaxe é o eixe vertente de Toxo Verde.

02.

Lingua

Traballamos na nosa lingua materna, unha decisión natural e consciente.

03.

Tradición

Dende o rural, recollendo as ensinanzas dos devanceiros.

04.

Modernidade

Engadimos a nosa perspectiva do Mundo, atopando o equilibrio entre modernidade e tradición.

PROXECTOS

Unha mostra do noso traballo

En Toxo Verde traballamos con usuarios de distintas ramas profesionais, dende músicos e artistas ata empresas ou institucións públicas. O que sempre buscamos para todos eles é un resultado da maior calidade posible e a gusto do cliente. Aquí deixamos unha mostra de algúns dos nosos traballos.

Comezar un proxecto

SERVIZOS

Que podemos facer por ti

Que atoparás en Toxo Verde?

En Toxo Verde ofrecemos un servizo coidado, en galego, a medida do usuario e sempre tendo presente os nosos valores.

Audiovisual

Vídeo corporativo, videoclips, reportaxes institucionais, documentais, curtas, vídeo-produto, imaxe de eventos e fotografía profesional.

Xestión

Produción audiovisual, organización de eventos e proxectos culturais.

Formación

Obradoiros audiovisuais e culturais destinados a institucións, asociacións…

Redes sociais

Xestión de redes sociais, comunicación, redacción e creación de contido.

Management

Management, booking e produción.

Obradoiro

Músicas GalegAs (con Rodri Míguez).

Facemos un percorrido pola historia da música galega a través de xogos
didácticos acompañados do tiktoker Rodri Míguez (periodista musical). Focalizamos en que os alumnos e alumnas escoiten música en galego, ofrecémoslles ferramentas actuais para acceder a música galega e achegamos a variade de xéneros que existen dentro da música galega.

Videoclip

En Toxo Verde traballamos da man de grupos e artistas, adaptándonos a eles e engadindo a nosa visión, ofrecendo un produto coidado e coa maior calidade posible.

ARTISTAS

Quen forma parte de Toxo Verde?

Amorodo

Amorodo

Música urbana (Arbo)

Meu

Meu

Rock (Comarca do Deza)

Mj Perez

MJ Pérez

Música de autor (Arzúa)

Gallego Común

Gallego Común

Rock Bravú (Comarca do Morrazo)

Tecor Societário

Tecor Societário

Punk Folk (Compostela)

Noite Atari

Noite Atari

Punk – Rock (Santiago de Compostela)

Exeria

Exeria

Grunge – Rock (Ponteareas)

 

COÑÉCENOS

Quen somos os toxos?
Perfil Clara

Clara Seco

Fundadora

E: contacto@toxoverde.gal
T: 665 94 95 99

Linkedin

Clara (Soutomaior, Pontevedra) é Técnica Superior en Realización e Produción de Proxectos Audiovisuais e Espectáculos. Ademais está Graduada en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios con Mención en Literatura e Escrita Creativa Galega e conta cun Máster en Xestión Cultural con Mención en dirección e produción de eventos culturais.

Perfil Jose

José Pereira

Fundador

E: contacto@toxoverde.gal
T: 610 47 03 68

InstagramBehanceLinkedin

Jose (Padrenda, Ourense) é Técnico Superior en Realización e Produción de Proxectos Audiovisuais e Espectáculos. Especializado en fotografía, vídeo e montaxe acreditado en AVID Media Composer e Davinci Resolve. Conta xa cunha ampla experiencia no sector audiovisual traballando en diversos programas de TV, curtametraxes e documentais.

CONTACTO

Traballemos xuntos

ESCRÍBENOS

contacto@toxoverde.gal

Comecemos un proxecto xuntos!

Tes un proxecto? Compartes os nosos valores? Ponte en contacto con nós e pide presuposto sen compromiso:

    INSTAGRAM

    TWITTER

    FACEBOOK

    LINKEDN